Que é unha eclipse total de sol?
Aliñamento perfecto
A lúa interponse exactamente entre a terra e o sol, cubrindo por completo o disco solar e revelando a atmosfera exterior ou coroa.
Duración: ata 109 segundos
Na provincia de Lugo, a totalidade dura entre 18 e 109 segundos segundo o concello. Un instante irrepetible que cambiará a túa percepción do ceo.
Franxa de totalidade
A franxa de totalidade cruza España de oeste a este. A provincia de Lugo é un dos puntos privilexiados de observación dentro do camiño da sombra lunar.
Eclipse ao solpor
O sol estará moi preto do horizonte (uns 11–12° de inclinación). Necesitarás visibilidade cara ao oeste para gozar do evento completo.
A eclipse nos concellos da provincia de Lugo
Datos oficiais do IGN para os 67 concellos da provincia de Lugo. Consulta os tempos exactos de inicio, fase de totalidade e duración da escuridade.
Recursos técnicos
Descargar dataset completo (CSV)Onde ver a eclipse
Visualizador de eclipses do IGN
Comproba dende onde será visible a eclipse desde calquera punto da Península Ibérica.
Abrir visualizador arrow_right_altInfórmate sobre os lugares habilitados nos concellos
Podes consultar os puntos de observación nesta ligazón.
Evita desprazamentos innecesarios
Se vives na provincia de Lugo, o teu concello será o mellor lugar para obsevar a eclipse
Condicións
- ☁️ Ceo despexado
- 🌅 Boa visibilidade ao oeste
- ⏰ 20:28 h (Máximo)
Consulta o tempo
Necesitarás ceo despexado. Comproba a previsión meteorolóxica.
Como ver a eclipse de forma segura
Lentes homologadas
Usa filtros solares certificados ISO 12312-2:2015 marcado CE para eclipse.
Evita mirar ao Sol máis de 30 segundos
Evita mirar ao Sol máis de 30 segundos seguidos, aínda que leves lentes homologadas.Fai descansos e lembra que compartir os anteollos axudará a descansar a vista.
Non empregues medios caseiros
Non empregues medios caseiros para a observación. Observar a eclipse sen a protección axeitada pode provocar lesións oculares permanentes.
Non uses o móbil
Non uses o móbil para fotografar ou gravar a eclipse. A cámara pode danarse e os reflexos son perigosos.
Medios de observación indirecta
Valora usar medios de observación indirecta, sobre todo cos máis pequenos. Podes descubrir máis nesta ligazón.
Prevención de incendios
Agosto é época de alto risco. Sé responsable na natureza.
Planifica o desprazamento
Chega con antelación ao punto de observación. Consulta a situación do tráfico. As maiores retencións serán ao rematar a eclipse
Precaución ao volante
Extrema as precaución ao volante durante a eclipse. Lembra que vai facerse de noite de forma repentina.
Podes vela desde casa
Evita aglomeracións innecesarias. O teu fogar pode ser un lugar axeitado para observar a eclipse.
Seguimento online da eclipse
Lembra que tamén poderás vela a través da internet
Escolle o sitio con tempo
Se estas de paso na provincia de Lugo, infórmate sobre os puntos de observación oficiais dos diferentes concellos
Información oficial
Para máis información sobre a eclipse, consulta sempre os sitios oficiais.
Descargas
Recursos oficiais para imprimir e compartir.
Tríptico informativo
Guía básica para gozar da eclipse con seguridade na provincia de Lugo
download Descargar folleto (PDF)Datos de concellos
Listado completo cos horarios exactos de todas as fases da eclipse para os 67 municipios de Lugo.
Axenda de eventos
Actividades organizadas pola Deputación de Lugo con motivo da eclipse.